Xa se poden solicitar as axudas para comprar en común maquinaria agrícola

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190513/AnuncioG0426-030519-0002_gl.html

Prazo: Ata 13/06/2019

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para o fomento do uso de maquinaria agrícola en réxime asociativo. En total, a Xunta destina este ano máis de 2,8 millóns de euros a estas achegas. Os solicitantes contarán cun mes de prazo para solicitalas.

Con estas subvencións procúrase fomentar o uso de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, impulsar a introdución de novas tecnoloxías no seu emprego e racionalizar os custos de mecanización. Outros obxectivos pasan por incrementar os mecanismos de seguridade no traballo, reducir as emisións contaminantes e promover o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

Estas axudas apoian os custos de adquisición de maquinaria agrícola e os estudos técnicos de viabilidade daquelas entidades asociativas do sector agrario que queiran dar servizo aos seus socios a través deste sistema para compartir a maquinaria.

O importe da subvención será do 35% dos custos, unha porcentaxe que poderá incrementarase ata un máximo do 50% en función de criterios que priman a localización da entidade en zonas con limitacións naturais e o feito de que o beneficiario proceda dunha fusión de cooperativas.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información