Convócanse as axudas para as Sociedades de Fomento Forestal

As axudas para constituír e iniciar a actividade de Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR) poderanse solicitar ata o vindeiro 15 de marzo, segundo publica hoxe o DOG.

Convócanse as axudas para as Sociedades de Fomento Forestal

Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda:

Prazo: Ata 15/03/2016

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan as axudas para constituír e iniciar a actividade de Sociedades de Fomento Forestal (Sofor) para o ano 2016, cun orzamento inicial de 250.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes para acollerse a estas axudas comezará a partir de mañá, día seguinte ao da publicación desta orde no DOG, e finalizará o vindeiro 15 de marzo de 2016.

Igual que nas anteriores convocatorias, preséntanse dúas liñas de axudas. Por un lado, as destinadas a constituír Sofor e por outro as que teñen por obxecto apoiar o inicio da actividade daquelas sociedades con inscrición definitiva no seu correspondente rexistro.

Liñas de axudas

No primeiro caso, poderán solicitar as axudas as agrupacións de propietarios forestais constituídas formalmente e inscritas no rexistro de asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Tamén, outras entidades xurídicas de dereito privado que agrupen persoas propietarias forestais cunha finalidade de xestionar e comercializar en común os recursos forestais dos terreos que xestionen, inscritas segundo a lexislación sectorial que lles sexa de aplicación.

Ademais, poderán beneficiarse destas achegas as Sofor con inscrición previa no rexistro (RSofor) para conseguir a súa inscrición definitiva, a condición de que non obtivesen subvención para a súa inscrición previa. No segundo caso –axudas para inicio da actividade–, poderán solicitar axudas as Sofor con inscrición definitiva no seu devandito rexistro.

Obxectivos

Os obxectivos destas axudas pasan por fomentar sistemas de xestión conxunta dos aproveitamentos forestais, incluídos os aproveitamentos e a comercialización das producións forestais dirixidos a mellorar a ordenación e xestión dos montes galegos. Tamén, por conseguir unha rendibilidade das propiedades forestais das persoas silvicultoras e posibilitar unha adecuada xestión sustentable das superficies forestais de propiedade privada e conseguir superficies suficientes de xestión conxunta e que se apliquen instrumentos de xestión forestal. Ademais, perséguese reducir o nivel de abandono do monte galego e diminuír o risco de incendios forestais.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información