Convocadas as axudas por sacrificio obrigatorio de animais

A Consellería do Medio Rural destina 750.000 euros ás axudas para indemnizacións por sacrificio obrigatorio de animais . O prazo de presentación de solicitudes será ata o vindeiro 29 de novembro de 2019, tal como recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190104/AnuncioG0426-181218-0003_gl.html

Prazo: Ata 29/11/2019

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia publica este venres a orde da Consellería do Medio Rural das axudas para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades para o ano 2019, cun orzamento de 750.000 euros.

Os beneficiarios destas achegas serán os titulares de explotacións gandeiras correctamente rexistradas na Comunidade Autónoma de que de forma obrigatoria por orde da consellería (autoridade competente en sanidade animal) tivesen que sacrificar gando por mor da aplicación de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades animais.

Para ter dereito a estas indemnizacións é imprescindible cumprir a normativa en vigor sobre sanidade animal, identificación animal, movemento pecuario, benestar e alimentación animal. Ademais, tamén será de obrigado cumprimento estar ao día dos programas nacionais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais; que as explotacións gandeiras estean correctamente rexistradas; e que sexa efectivo o sacrificio obrigatorio dos animais, ordenado pola Consellería do Medio Rural.

Poderanse solicitar ata o 29 de novembro

O prazo de presentación das solicitudes será desde mañá ata o día 29 de novembro de 2019, ambas datas incluídas no cómputo do prazo. A tramitación do procedemento de concesión das indemnizacións levarase a cabo durante todo o exercicio orzamentario do ano 2019. Os órganos xestores tramitarán, ademais das indemnizacións correspondentes ao ano 2019, todas as indemnizacións que quedasen pendentes do exercicio anterior.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *