Convocadas as axudas para proxectos piloto no sector agroforestal

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180119/AnuncioG0426-261217-0001_gl.html

Prazo: Ata 21/02/2018

Resumo:

A Consellería do Medio Rural publica este venres a convocatoria de axudas para o apoio de proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal.

Estas axudas contan cunha partida orzamentaria de 1.196.640 euros, distribuídos nas seguintes anualidades: 145.000 euros en 2018, 600.820 euros en 2019 e 450.820 euros en 2020. Estas achegas están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2018.

Entidades beneficiarias:

Poderán acceder a estas subvencións:

a) Organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria en agricultura e/ou silvicultura.

b) Empresas ou industrias transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.

Na realización da actividade subvencionada poderán participar, ademais das anteriores, os axentes cooperantes e poderán adquirir tal condición as seguintes entidades:

a) Produtores do sector agroforestal e as súas asociacións e outras organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria.

b) Centros de investigación e experimentación da Consellería do Medio Rural e centros tecnolóxicos participados por ela, así como outros centros públicos de investigación da Comunidade Autónoma.

c) Entidades sen ánimo de lucro que promovan a investigación, a innovación e o desenvolvemento do medio rural, así como as que desenvolvan actividades de promoción, asesoramento, dinamización ou financiamento de proxectos nos ámbitos agrario ou forestal.

d) Entidades asesoras na conservación ou uso sustentable dos recursos naturais.

e) Outras entidades con intereses recoñecidos no ámbito rural.

Importe das axudas:

A determinación da contía das axudas realizarase en función do número de solicitudes presentadas e da dispoñibilidade orzamentaria, de acordo cos criterios de priorización establecidos no artigo 16 da orde.

A intensidade da axuda aos proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías será do 80 % dos gastos subvencionables.

A contía máxima subvencionada en cada iniciativa de cooperación será de 100.000 euros. Non se admitirán proxectos cuxa contía real de execución sexa superior a 150.000 euros.

En ningún caso se financiarán proxectos de investigación básica ou fundamental nin investigacións independentes.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 21 de febreiro

O prazo para presentar solicitudes remata no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *