Convocadas as axudas para paliar os danos do lobo nas ganderías

Publicidade

Administración convocante: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180110/AnuncioG0422-201217-0004_gl.html

Prazo: Ata 30/09/2018

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia publica este mércores a orde pola que se establecen as bases das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2018.

Poderanse acoller a estas axudas as persoas propietarias do tipo de gando e que fose afectado por ataques de lobos dentro da Comunidade Autónoma. Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen desde o 1 de outubro de 2017 ata o 30 de setembro de 2018.

Contía das axudas:

Baremo utilizado para o pagamento de axudas polos ataques do lobo:

Especie

Clase e idade

Custo calidade normal

Custo calidade selecta (*)

Ovino

Cordeiro < 12 meses

58 €

88 €

Ovino

Adulto ≥ 12 e < 6 anos

102 €

124 €

Ovino

Adulto ≥ 6 anos

26 €

31 €

Cabrún

Cabrito < 12 meses

73 €

109 €

Cabrún

Adulto ≥ 12 e < 6 anos

102 €

131 €

Cabrún

Adulto ≥ 6 anos

26 €

31 €

(*) Razas incluídas no Catálogo oficial de razas de gando de España (anexo I do Real Decreto 2129/2008) ou calquera outra de pura raza.

Especie

Clase e idade

Raza celta

Porcino

Leitón < 3 meses

90 €

Porcino

Porco ≥3 meses e < 6 meses

150 €

Porcino

Porco ≥6 meses e < 9 meses

200 €

Porcino

Porco da ceba ≥ 9 e < 12 meses

300 €

Porcino

Porco da ceba ≥ 12 meses

380 €

Porcino

Reprodutoras

360 €

Porcino

Reprodutora preñada

400 €

Porcino

Reprodutor

450 €

 

Especie

Clase e idade

Custo rubia galega

Custo outras razas autóctonas*

Custo vacún leiteiro

Resto de reses de gando vacún

Vacún

Becerro < 2 meses

305 €

360 €

240 €

240 €

Vacún

Becerro ≥ 2 meses e <4 meses

383 €

458 €

305 €

305 €

Vacún

Becerro ≥ 4 meses e <6 meses

639 €

839 €

560 €

560 €

Vacún

Becerro ≥ 6 meses e <1 ano

658 €

867 €

579 €

579 €

Vacún

Vacún ≥ 1 ano e < 2 anos

879 €

1.150 €

958 €

767 €

Vacún

Vacún ≥ 2 anos e < 6 anos

1.199 €

1.799 €

1.597 €

1.199 €

Vacún

Vacún ≥6 anos e <9 anos

958 €

1.318 €

879 €

879 €

Vacún

Vacún ≥ 9 anos

575 €

718 €

480 €

480 €

  • Cachena, caldelá, vianesa, limiá e frieiresa

Especie

Clase e idade

Custo pura raza galega

Custo outros cabalos

Equino

Poldro < 2 meses

198 €

158 €

Equino

Poldro ≥ 2 meses e < 4 meses

258 €

198 €

Equino

Poldro ≥ 4 meses e < 6 meses

396 €

330 €

Equino

Poldro ≥ 6 meses e < 1 ano

594 €

496 €

Equino

Equino ≥ 1 ano e < 2 años

634 €

541 €

Equino

Equino ≥ 2 anos e < 10 anos

792 €

594 €

Equino

Equino ≥ 10 anos

594 €

449 €

Asnal

Asnal < 1 ano

60 €

Asnal

Asnal ≥ 1 ano e < 10 anos

200 €

Asnal

Asnal ≥ 10 anos

150 €

Mular

Mular < 1 ano

100 €

Mular

Mular ≥ 1 ano e < 10 anos

300 €

Mular

Mular ≥10 anos

225 €

O importe asignado é de douscentos setenta e nove mil novecentos cincuenta e oito euros (279.958,00 €), unha cantidade inferior aos 380.000 euros consignadas pola Conselleríña na anterior convocatoria de axudas.

Este importe incrementarase nun 30 % cando afecte explotacións dos seguintes concellos:

– Provincia da Coruña: Aranga, As Pontes de García Rodríguez, Curtis, Dumbría, Mazaricos, Melide, Monfero, Muxía, Ortigueira, Santiago de Compostela, Sobrado, Toques e Vimianzo

– Provincia de Lugo: Abadín, Alfoz, A Pastoriza,. Baralla, Cervantes,. Chantada. Cospeito., Friol,. Guitiriz. Láncara. Mondoñedo. Monterroso. Muras, O Saviñao, O Corgo, O Incio, O Páramo, O, Valadouro, Outeiro de Rei. Ourol, Pol, Riotorto, Samos, Triacastela, Vilalba, Xermade

– Provincia de Ourense: Allariz, A Bola, A Teixeira, Avión, Baltar, Bande, Beariz, Calvos de Randín, Carballeda de Avia, Cualedro, Entrimo, Lobeira, Lobios, Maceda, Melón, Montederramo, Muíños, Nogueira de Ramuín, O Bolo, Os Blancos, Rairiz de Veiga, Viana do Bolo, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia.

– Provincia de Pontevedra: A Cañiza, A Estrada, A Lama, Cerdedo, Covelo, Cuntis, Forcarei, Fornelos de Montes, Lalín e Valga

Axudas por animais feridos en ataques

No caso de animais feridos, a axuda estimarase en función dos gastos veterinarios producidos e acreditados (enténdese por gasto veterinario tanto a actuación do persoal profesional como o tratamento prescrito), nunha contía que, en ningún caso, poderá exceder o límite das contías previstas no anexo I desta orde.

Cando os animais feridos sexan varios exemplares, admitiranse facturas conxuntas do servizo veterinario nas cales se relacione de xeito individual cada un dos animais feridos, con referencia á súa idade e á súa identificación individual, de ser o caso.

No caso de animais que, tras o tratamento prescrito, morran como consecuencia das feridas producidas polo acto de depredación, a axuda poderá superar o límite das contías previstas nesta orde. Nestes casos a axuda estimarase en función das contías previstas nesta orde por animal e mais os gastos veterinarios producidos e acreditados ata un máximo do 10 por cento das anteditas contías.

Os gastos de eutanasia producidos e acreditados serán compensables nunha contía que, en ningún caso, poderá exceder o límite das contías previstas por animal nesta orde.

Prazo de presentación de solicitudes

a) Para os danos comunicados entre o 1 de outubro de 2017 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 45 días naturais contados a partir da entrada en vigor desta orde.

b) Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 45 días naturais contados desde o día seguinte ao da comunicación do dano.

Como comunicar o ataque?

Nas vinte e catro horas seguintes ao ataque no caso de gando en réxime intensivo e nas setenta e dous horas no caso de gando en réxime semiextensivo ou extensivo, as persoas propietarias das reses deberano pór en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, na cal se lles facilitará unha clave que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.

O horario hábil de atención telefónica é desde as 8.00 ata as 20.00 horas, de luns a venres, e desde as 8.00 ata ás 17 horas 30 minutos os sábados.

Para os danos constatados entre as 17 horas 30 minutos dos sábados e as 8.00 horas dos luns, a comunicación da constatación do ataque realizarase nas vinte e catro horas seguintes contadas desde as 20.00 horas do domingo.

Os animais mortos non poderán ser manipulados para non obstaculizar o labor investigador dos/das axentes que se despracen ao lugar para valorar os feitos e elaborar a correspondente acta. Para isto tomaranse as medidas oportunas para evitar, no posible, a alteración do escenario do acto de predación e evitarase en todo caso o seu traslado do lugar dos feitos.

Os animais feridos poderán ser atendidos por persoal veterinario coa menor manipulación posible co obxecto de non entorpecer o labor investigador.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información