Administración convocante: Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)
Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190104/AnuncioO92-131218-0004_gl.html
Prazo: Ata 05/03/2019
Resumo:
O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) publicou este venres no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais. Estas axudas, denominadas programa Galicia rural emprende están cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
Poderán ser beneficiarios destas axudas:
a) Os titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación. A explotación agraria deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) e ter a cualificación de explotación agraria prioritaria no momento da solicitude da axuda.
Para estes efectos, considerarase que forman parte da unidade familiar dunha explotación os familiares da persoa titular ata o terceiro grao de consanguinidade ou afinidade que estean empadroados no domicilio familiar vinculado á explotación.
b) As microempresas e pequenas empresas de nova creación ou que inicien unha actividade distinta á que tiñan no momento da solicitude de axuda.
c) As persoas físicas que residan nunha zona rural e que creen unha nova empresa ou que inicien unha actividade distinta á que tiñan no momento da solicitude da axuda.
Importe das axudas
Esta axudas contan cun orzamento de 1.273.333 € con cargo ao exercicio 2019 e de 2.750.167 € con cargo ao exercicio 2020.
Entre as actividades industriais prioritarias que o Galicia Rural Emprende pretende impulsar figuran as de sectores como automoción, téxtil, aeronáutico, químico, medioambiental, TIC, audiovisual, pedra natural e industrias creativas, entre outras. O importe das axudas mínimas concedidas por beneficiario é de 20.000 euros e o das máximas é de 70.000. Os investidores que se acollan a esta liña de apoios desenvolverán os seus plans empresariais de negocio en 18 meses e recibirán un adianto do 60% da axuda concedida, logo da notificación da resolución e a acreditación de dito plan.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 5 de marzo
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. É dicir, ata o 5 de marzo.
Oleiros é
Considerado zona rural?
Non sería admisible a zona de Perillo, pero o resto do concello en principio si