Convocadas as axudas da Xunta para a contratación de seguros agrarios e gandeiros

Publicidade

Administración convocante: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190124/AnuncioG0426-271218-0007_gl.html

Prazo: Ata 15/11/2019

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves unha orde da Consellería do Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios e se convocan estas achegas para o ano 2019. A dotación destas subvencións é de cinco millóns de euros, a mesma cantidade que o pasado ano.

A Xunta concederá estas axudas de forma directa aos agricultores e gandeiros e poderán ser beneficiarios os asegurados que sexan titulares de explotacións agrarias galegas, sempre que subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do Plan 2019 e liñas gandeiras dos plans 2018 e 2019, formalizadas este ano. Tamén poderán recibir estas achegas os titulares de explotacións de acuicultura continental. Contémplanse, así mesmo, os seguros de retirada e destrución de animais mortos nas explotacións.

En canto ao prazo de presentación de solicitudes, nos diferentes anexos da orde establécense as datas de inicio de subscrición de pólizas de seguros correspondentes ás diferentes liñas que compoñen o Plan de seguros agrarios. As datas abarcan desde o 1 de xaneiro ata o 15 de novembro, segundo a liña de seguro da que se trate, así como do tipo de produción asegurable.

A formalización da declaración do seguro considerarase solicitude de axuda, sempre que se realice dentro dos períodos de subscrición estipulados pola normativa do plan anual vixente establecido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. A contratación da póliza constitúe unha declaración do asegurado de que reúne os requisitos exixidos nas normas reguladoras sobre subvencións e axudas públicas.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190124/AnuncioG0426-271218-0007_gl.html

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información