Axudas para proxectos de enerxías renovables en explotacións gandeiras, agrícolas e forestais

Administración convocante: Instituto Enerxético de Galicia (Inega)

Enlace axuda: http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170424/AnuncioO3G1-170417-0001_gl.html

Prazo: Ata 25/05/2017

Resumo:

O Instituto Enerxético de Galicia (Inega) publica este luns no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas para 2017 para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables nas explotacións agrícolas e gandeiras.

Poderán beneficiarse destas axudas as empresas legalmente constituídas e empresarios autónomos, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, incluídos no sector de produción agrícola primaria. Considéranse como tales as actividades incluídas na sección A, clases da 1.11 á 02.40 do CNAE-2009, ambas as dúas incluídas. É dicir, adegas, explotacións gandeiras, de cultivo de produtos de horta e fruticultura ou produtores forestais, entre outros.

Tamén poderán beneficiarse destas axudas, as empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas que desenvolvan algunha das actividades recollidas no parágrafo anterior.

Importe da subvención

Serán subvencionables as seguintes tecnoloxías: biomasa, biogás, aerotermia, xeotermia, solar térmica, fotovoltaica e minieólica (código de procedemento IN421l).

O importe total asignado a esta convocatoria 2017 ascende a 600.000 €. A contía da axuda será do 50 % do custo elixible da nova instalación, cun máximo de 50.000 euros por proxecto e de 100.000 € por empresa. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte a aquel en que se publiquen as bases no DOG. É dicir, ata o 25 de maio.

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) e na páxina web do Inega (www.inega.gal).

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información