Axudas para paliar os danos do lobo na cabana gandeira

Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141209/AnuncioCA02-271114-0004_gl.html

Prazo: Ata 30/09/2015

Resumo:

Requisitos

O gando danado polo cal se solicita a axuda deberá cumprir cos seguintes requisitos:

a) Pertencer a unha explotación incluída no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia.

b) O gando bovino, ovino e cabrún deberá cumprir cos requisitos sanitarios establecidos. No caso do gando porcino, deberá pertencer á raza celta.

c) Estar identificado de acordo coa normativa aplicable para o efecto e, no caso de gando porcino de raza celta, deberá estar identificado individualmente e estar inscrito no Libro xenealóxico da raza.

 Ámbito temporal

Esta orde comprende as axudas para os danos producidos polo lobo que se comuniquen desde o 1 de outubro de 2014 ata o 30 de setembro de 2015.

 Comunicación do dano

1. Nas vinte e catro horas seguintes ao ataque, os/as propietarios/as das reses deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, na cal se lles facilitará unha chave que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.

Os animais mortos non poderán ser manipulados para non obstaculizar o labor investigador dos/as axentes que se despracen ao lugar para valorar os feitos e elaborar a correspondente acta.

Máis información nesta ligazón: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141209/AnuncioCA02-271114-0004_gl.html

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información