Axudas para a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais

Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería do Medio Rural e do Mar.

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150114/AnuncioG0165-020115-0007_gl.html

Prazo: Ata 14/02/2015

Resumo:

Trátase dunha liña de axudas destinadas á creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais. Os beneficiarios serán as pemes do sector forestal (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais) radicadas en Galicia, pero non teñan a condición de microempresa.

A convocatoria para 2015 é en réxime de concorrencia competitiva e conta cunha partida orzamentaria de 250.000 euros. Poderanse subvencionar investimentos en activos fixos produtivos -maquinaria, bens de equipo e instalacións- e plans de mellora de xestión empresarial. Os plans só se poderán subvencionar xunto con investimentos materiais.

Os investimentos que se van subvencionar deben ser novos e non se poden iniciar antes de presentar a solicitude de subvención. O máximo subvencionable é do 40% do investimento, cun límite de 30.000 euros por solicitante. O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria rematará o 14 de febreiro.

Máis información nesta ligazón:http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150114/AnuncioG0165-020115-0007_gl.html

Posteriormente a Xunta publicou a seguinte correción: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150217/AnuncioG0165-110215-0006_gl.html

 

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información