Axudas a agrupacións de produtores para actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada

Publicidade

Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería do Medio Rural e do Mar

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150119/AnuncioG0165-020115-0006_gl.html

Prazo: Ata 20/02/2015

Resumo:

Axudas que, en réxime de concorrencia competitiva, vai conceder a Consellería do Medio Rural e do Mar para actuacións de información e promoción dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013. As accións deberán realizarse durante o ano 2015, coa data límite do 4 de setembro.

Os beneficiarios destas axudas son as agrupacións de produtores, os consellos reguladores e as entidades asociativas sen ánimo de lucro en que participan produtores implicados nalgún programa de calidade diferenciada dos alimentos, entendendo como tal as Denominacións de orixe protexidas (DOP), indicacións xeográficas protexidas (IXP) e especialidades tradicionais garantidas (ETG) ou a produción ecolóxica.

As axudas poderán chegar ata o 70 % do gasto subvencionable.

O prazo de presentación de solicitudes remata  o 20 de febreiro.

Máis información nesta ligazón: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150119/AnuncioG0165-020115-0006_gl.html

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información