Aberto o prazo de axudas para recuperar terras abandonadas en Lugo

Publicidade

Administración convocante: Deputación de Lugo

Enlace axuda: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_19291_1.pdf#page=47

Prazo: Ata 17/09/2018

Resumo:

A Deputación de Lugo abriu este luns o prazo para que as explotacións agrarias soliciten axudas para a recuperación de terras agrícolas abandonadas. O apoio previsto polo organismo provincial é de 500 euros por hectárea e destinará un total de 300.000 euros a esta liña de subvencións, o que en teoría permitirá a posta en produción de arredor de 600 hectáreas.

As persoas interesadas teñen 20 días hábiles, a contar desde mañá martes, para presentar as súas solicitudes. A superficie mínima de terras baldías que se deben comprometer a recuperar é dunha hectárea, ben nunha parcela ou en varias, e terán que manter a actividade sobre ese terreo alomenos cinco anos.

A dispoñibilidade dos terreos pode ser por aluguer, cesión ou en propiedade da explotación. As terras beneficiadas terán que destinarse a actividades agrícolas ou gandeiras. Queda fóra, polo tanto, a explotación forestal. A subvención por hectárea é de 500 euros e cada beneficiario poderá recibir un máximo de 9.000 euros.

Medida pioneira
A Deputación de Lugo lembra que foi a primeira administración galega en apostar por unha medida similar. Nos dous anos que estas axudas estiveron en funcionamento, 2014 e 2015, o Goberno Provincial investiu máis de 560.000 euros, que serviron para que 178 agricultores lucenses recuperasen 1.200 hectáreas de terreos baldíos na provincia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *