Xornada sobre a Ley de Titularidad Compartida nas explotacións galegas

Publicidade
Data inicio: 22/06/2018
Data fin: 22/06/2018
Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Rúa de Madrid, Santiago de Compostela, España

A Red Rural Nacional, en colaboración coa Consellería do Medio Rural, organiza este venres 22 de xuño unha xornada en Santiago sobre a ‘Ley 35/2011 de Titularidad Compartida de las Explotaciónes Agrarias’. O evento, que se desenvolverá na Escola Galega de Administración Pública, vai dirixido a técnicos do sector agrario, de cara a proporcionarlles os coñecementos teóricos e prácticos precisos para informar ás persoas interesadas en dar de alta a súa explotación en titularidade compartida.

A participación na xornada é gratuita, pero require de inscripción previa a través do correo electrónico jornadasredrural@mapama.es. A inscripción deberá formularse antes deste mércores 20 ás 14 horas.

O programa do evento, que se desenvolverá de 9 a 14.45 horas, pode consultarse nesta web.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *