Xornada este sábado en Laza sobre a futura PAC para zonas de montaña

A actividade, organizada por Alternativa Galega de Esquerda, terá lugar no salón de actos do Concello de Laza

Publicidade
Xornada este sábado en Laza sobre a futura PAC para zonas de montaña

Cartel da xornada deste sábado en Laza.

Data inicio: 12/05/2018
Data fin: 12/05/2018
Lugar: Laza, Ourense, España

‘A futura Política Agraria Común (PAC) para zonas de montaña’ é o título dunha xornada que se celebra mañá sábado en Laza para abordar as perspectivas da PAC post-2020, así como diferentes problemas ós que se enfronta a gandería de montaña, como as restriccións experimentadas nos últimos anos na catalogación dos pastos arbustivos. A actividade está organizada pola eurodeputada Lidia Senra, de Alternativa Galega de Esquerda.

O evento, que se inicia ás 10 da mañá e se prolongará ata as 6 da tarde no salón de actos do Concello de Laza, está aberto a todas as persoas interesadas no tema. Ademais da propia Lídia Senra, intervirán como ponentes nas diferentes mesas persoas como Xosé Ramón Cendán, membro da Executiva Nacional do Sindicato Labrego Galego (SLG); a economista Ana Rodríguez Vázquez; o concelleiro de LugoNovo Víctor Álvarez García; a responsable técnica de PAC do SLG María Fernández Granja; o director técnico da Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA), Carlos Rodríguez Rodríguez; o membro daPlataforma Española de Pastoralismo e Gandeiría Extensiva Pedro M. Herrera; o gandeiro de Cimadevila Xosé Blanco Blanco; o deputado do Parlamento Galego e membro de Amarelante Sociedade Cooperativa Galega, Davide Rodríguez Estévez; Sonia Vidal Lamas, de Gandeiría Rodríguez Vidal; Román Cid Álvarez, presidente da Asociación Abellas Nais; Samuel Formoso Salgado, gandeiro de vacas de carne; Eloi Prieto, gandeiro de ovellas; e Jorge Lorenzo Vila, veciño de Laza.

O programa completo da xornada pode consultarse neste documento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *