Seminario sobre mellora xenética nas ganderías de vacún de leite

Data inicio: 18/10/2017
Data fin: 18/10/2017
Lugar: INGACAL-CIAM, La Coruña, España

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) acollerá o vindeiro mércores, 18 de outubro, un seminario práctico sobre “Incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a mellora xenética”.

O seminario, de carácter gratuíto, ten un máximo de 20 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. Será impartido por Ramiro Fouz Dopacio, director xerente de Africor-Lugo; por Alejandro Fernández Fernández Xefe de Área de Selección e Mellora Xenética de Xenética Fontao e por Manuel López Luaces, director do CIAM.

O programa da xornada é o seguinte:

10:00 – Presentación e proposta de obxectivos
10:15 – Introdución á mellora xenética: os valores xenéticos, os índices xenéticos, bases de referencia.
11:00 – Conceptos críticos: Fiabilidade das probas, heredabilidade dos caracteres, consanguinidade dos apareamentos
11:45 – Pausa café
12:15 – A selección de reprodutoras na gandería e dos sementais para inseminación artificial. Obxectivos de selección
13:00 – Interpretación de catálogos. Probas internacionais
14:00 – Comida (Por conta dos asistentes).
16:00 – Probas xenómicas frente á selección convencional
17:00 – Os apareamentos. Programas informáticos de axuda
18:00 – Pausa café
18:30 – Fontes de información.
19:30 – Conclusións

As solicitudes pódense descargar da páxina web www.ciam.gal e deberase remitir por correo electrónico: cia[email protected] ou por fax (881 881 800).

-Descarga aquí a folla de inscrición.

-Descarga aquí o díptico.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información