Semana Gandeira de Mazaricos

Data inicio: 23/11/2015
Data fin: 29/11/2015
Lugar: Mazaricos, A Picota, España

Cartel Semana Gandeira_MAZARICOSUn ano máis, Mazaricos organiza a súa Semana Gandeira, que se desenvolverá na Picota do 23 ao 29 de novembro. Na programación inclúense, de novo, as xornadas técnicas leiteiras (sábado 28) e a poxa de xovencas de raza Frisoa (domingo 29), ademais das visitas escolares ás explotacións lácteas.

Por outra banda, a asociación cultural Eu Son Mazaricos ten prevista unha serie de actividades culturais e de entretemento coas que os visitantes poderán gozar durante a tarde do sábado no pavillón municipal.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información