Data inicio: 02/10/2016
Data fin: 09/10/2016
Lugar: Goente, Puentes de García Rodríguez, España
Xa está disponible o programa das XVII Xornadas Apícolas do Eume, que se celebrarán do 2 ao 8 de outubro na Casa do Mel de Goente, no concello coruñés das Pontes, así como o da Feira do Mel, que terá lugar o domingo 9 de outubro.
Tanto as xornadas como a feira están organizadas pola Asociación Galega de Apicultura (Aga) Eume e a Casa do Mel e contan co patrocinio do Concello das Pontes.
Programa:
Día 2 de outubro.
Obradoiro de cervexa de mel, 9 h. (durante todo o día) Santiago Muñiz (20 prazas máximo)
Día 3 de outubro.
Obradoiros para escolares: Extracción e envasado do mel, elaboración de candeas con cera, proxección de vídeos apícolas, visita guiada e proba do mel con outros produtos da comarca do Eume.
Día 4 de outubro.
Visita guiada á Casa do mel, 10:00 h. Público en xeral (apuntarse en info@turismoaspontes.com)
Días 4 e 5 de outubro pola tarde, a partir das 16.00 horas. IX cata de meles. Con diploma de recoñecemento ao mellor mel claro e para o mellor mel escuro.
Día 6 de outubro.
18,30 h: “Causas de mortandade invernal nas colmeas (velutina, varroa e malnutrición) preparación de piensos“. Antonio Gómez Pajuelo, biólogo e consultor apícola.
Día 8 de outubro.
18,30 h.Concurso de receitas con queixo e mel. Poderán participar todos os afeccionados á cociña. Deberán anotarse antes do día 6 de outubro. Haberá dúas modalidades: salgado e doce.
Día 9 de outubro: VIII Feira do Queixo e do Mel, en Goente (As Pontes), co seguinte programa:
Máis información nos teléfonos da Casa do Mel: 981102249 ou 661 00 36 16