Programa da I Semana Vitivinícola de Galicia e do I Encontro de Viticultura Galicia-Norte de Portugal

Publicidade
Publicidade
Programa da I Semana Vitivinícola de Galicia e do I Encontro de Viticultura Galicia-Norte de Portugal

Viñedos na Ribeira do Miño, no concello de Coles.

Data inicio: 06/06/2017
Data fin: 08/06/2017
Lugar: Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, Rúa do Progreso, Orense, Ourense, España

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) organizará entre os días 6 e 8 de xuño a I Semana Vitivinícola de Galicia, e dentro dela terá lugar o I Encontro de Viticultura Galicia-Norte de Portugal.

Trátase dun gran evento vitivinícola que se celebrará na cidade de Ourense e que combinará actividades técnicas con outras de carácter divulgativo e, polo tanto, de interese para o público en xeral.

Nesta I Semana Vitivinícola de Galicia colaboran a Consellería do Medio Rural, a Deputación Provincial de Ourense, o Concello de Ourense, o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e a Fundación Juana de Vega. Así mesmo, prestan colaboracións a Plataforma Tecnolóxica do Viño, a empresa ourensá Taste Galicia e o proxecto europeo Vitis Europa

Dentro das actividades técnicas deste gran evento vitivinícola destaca o I Encontro de Viticultura Galicia-Norte de Portugal , un congreso onde 12 grupos de investigación de outras tantas entidades dos dous territorios da eurorrexión presentarán traballos desenvolvidos nos eidos das variedades, o cambio climático, os solos, os sistemas de cultivo da vide ou para as enfermidades do viñedo.

Ao tratarse este Congreso dunha actividade técnica financiada a través do  Plan de Transferencia para o apoio ás actividades de demostración e información ao Agro Galego 2017 é precisa a inscrición previa.

PROGRAMA DA I SEMANA VITIVINÍCOLA DE GALICIA

Martes, 6 de xuño de 2017

I ENCONTRO DE VITICULTURA GALICIA – NORTE DE PORTUGAL
Hora de comezo: 9:00 horas
Lugar: Salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel (Rúa do Progreso, nº30)
Precisa a inscrición previa (https://evega.xunta.gal)

9:00 – 9:30.- Entrega de documentación. Presentación do Congreso.

9:30 – 10:30.- Relatorio inaugural: A viticultura e o cambio climático: a pegada de carbono ligada á viticultura
Relator: Vicente Sotés Ruiz. Catedrático de viticultura da Universidade Politécnica de Madrid. Vicepresidente da OIV (Organización Internacional da Viña e o Viño)

10:30 – 11:45.- Bloque primeiro: Variedades

Caracterização ampelografica e cultural de castas minoritárias
Relatora: Maria Teresa da Fonseca Oliveira Pereira da Mota. Estação Vitivinícola “Amãndio Galhano” (EVAG – CVRVV)

A linaxe xenética “Caíño Bravo/Amaral” na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal
Relatores: Santiago Pereira-Lorenzo. Grupo Agronomía GI1649. Universidade de Santiago de Compostela
Isaura Alberta Oliveira de Castro. Centro de Investigação e Tecnologias Agroambientais e Biológicas. Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD-CITAB)

O papel das mutações somáticas na evolução da cor do bago em videira
Relatora: Vanessa Cristina Monteiro Ferreira. Centro de Investigação e Tecnologias Agroambientais e Biológicas. Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD-CITAB)

Conservação da diversidade genética e selecção de castas do Norte de Portugal
Relatorea: Elsa Maria Felix Gonçalves. Instituto Superior de Agronomia (ISA). Universidade de Lisboa. Associação Portuguesa para a Diversidade da Videira (PORVID).

11:45 – 12:15.- Pausa-café

12:15 – 14:00.- Bloque segundo: Os sistemas de cultivo

Sistemas de instalação e de condução da vinha em viticultura de forte declive
Relator: Jorge Bernardo Lacerda de Queiroz. Campus agrário de Vairão. Universidade de Porto.

O manexo de precisión da rega e os nutrientes. Zonificación
Relator: Xesús Pablo González. Grupo Proepla. Universidade de Santiago de Compostela.

Influencia do porta enxerto na variedade Albariño
Relatora: Beatriz Castiñeiras Gallego. Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA – INGACAL)

Factores adicionais que poden condicionar a elección do porta enxerto
Relatora: Ana María Pesqueira Méndez. Grupo Viticultura e Sanidade Vexetal (GI1988). Universidade de Santiago de Compostela

O efecto do manexo do cultivo sobre a síntese de metabolitos secundarios no bago

Relatora: Mar Vilanova de la Torre. Misión Biolóxica de Galicia. Centro Superior de Investigacións Científicas (MBG – CSIC)

14:00 – 16:00.- Pausa-xantar

16:00 – 17:15.- Bloque terceiro: Enfermidades / Cambio climático / Solos

A importancia do sector vitivinícola na Região dos Vinhos Verdes
Relatora: María Isabel Valín Sanjiao. Escola Superior Agraria. Instituto Politécnico de Viana do Castelo (ESA-IPVC)

A viticultura mediterrânica num contexto de alterações climáticas: zonagem, ecofisiologia, medidas de adaptação e modelação
Relatores: Aureliano Natalio Coelho Malheiro e Helder Jose Chaves Fraga. Centro de Investigação e Tecnologias Agroambientais e Biológicas. Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD-CITAB)

Análise da variabilidade espacial dos solos e do microclima en áreas vitícolas
Relator: Antonio Paz González. Grupo CICA. Universidade da Coruña.

Medidas de controlo da Flavescencia Dourada da videira na Região dos Vinhos Verdes
Relator: João Joaquim Cruz Garrido. Estação Vitivinícola “Amãndio Galhano” (EVAG – CVRVV)

17:15 – 17:30.- A formación e acreditación en viticultura. O proxecto Vitea
Relator: Xesús M. Rodríguez Buján. Xefe do servizo de Ordenación e Formación Profesional. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

17:30 – 19:00.- Mesa redonda: O papel da viticultura no futuro do mundo rural.
Participantes: Representantes dos CRDO dos viños de Galicia e da CVRVV.

19:00.- Clausura e lectura de conclusións do Congreso.

Mércores, 7 de xuño de 2017

MESA-FALADOIRO: O viño e a cultura galega.
Hora de comezo: 19:30 horas
Lugar: Salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel
Entrada libre (máximo 100 prazas)

Programa: Achegarase ao público asistente a un aspecto menos coñecido que é a relación histórica do viño con todos os aspectos da historia e a cultura de Galicia.

-“As pedras que facían viño, recuperar do esquecemento”. Luis L. Paadín. Autor de la Guía de vinos de Galicia.

– “Galicia, a cultura do viño”. Miguel Mosquera Paans. Escritor e investigador.

– “O viño na literatura galega”. Afonso Vázquez Monxardín Fernández. Catedrático de Lingua e Literatura Galega

Cata comentada de viños galegos

Xoves, 8 de xuño de 2017

TALLER PRÁCTICO: Formación de expertos en análise sensorial. Novas tendencias nos viños galegos

Hora de comezo: 9:30 horas
Lugar: Liceo de Ourense (R/ Lamas Carvajal, nº 5, Ourense)
Precisa a inscrición previa (https://evega.xunta.gal)
Programa: Aplicaranse novos procesos na mecánica de percepcións dos viños;métodos cuantitativos e descritivos que non son de uso común na formación dos catadores. Deste xeito o alumno catador coñecerá as substancias que vai encontrar e percibirá as sensacións en doses cada vez máis pequenas.

-“Novos procesos de adestramento do olfacto. Probas de percepción e recoñecemento. Os limiares de percepción do olfacto”.

-“Novos procesos de adestramento do gusto. Probas de recoñecemento. Probas de limiares de percepción”.

-“Introdución á análise sensorial. Análise sensorial dos viños brancos. Cata de brancos galegos”

-“Análise sensorial dos viños tintos. Cata de tintos galegos.”

Relatores:José Daniel Fornos Rivas (Licenciado en Ciencias Químicas. EVEGA); Alfonso Losada Quiroga (Enxeñeiro técnico. EVEGA)e LuisBuitrón Barrios (Enólogo. Presidente da Asociación Galega de Enólogos)

XORNADA: Novas tendencias en marketing e innovacións tecnolóxicas na viticultura.

Hora de comezo: 11:00 horas
Lugar de celebración: La Molinera (Rúa do Abrevadeiro 1, 32002 Ourense)
Entrada libre (máximo 100 prazas)

-“Proxecto de cooperación transnacional para promover a conservación e a protección do patrimonio natural do sector vitivinícola na zona SUDOE (proxecto Wetwine)”
Relatora: Mª CarmenSaborido Díaz. Técnico VITIS EUROPA. Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL)

-“A innovación como motor da competitividade dos vinos españois. Casos de éxito. Plataforma Tecnolóxica do Viño.”
Relatora: Trinidad Márquez García. Secretaria Técnica Plataforma Tecnolóxica do Viño.

-“Construíndo marcas con éxito. Innovación no marketing e comercialización do viño en mercados internacionais.”
Relator: John Richard David Park. Director de Estudios de WineIntelligence para Iberoamérica.

Mesa redonda.
Moderadora: Susana Carballo Gómez. Xerente de Taste Galicia

MESA-FALADOIRO: A viticultura heroica

Hora de comezo: 19:30 horas
Lugar: Salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel
Entrada libre (máximo 100 prazas)

Programa: Achegarase ao público asistente ao concepto de viticultura heroica. Coñecerase as características dos territorios que en España teñen esa cualificación e tomouse coma referencia aos tres que se atopan asociados ao organismo internacional CERVIM (Ribeira Sacra, Cangas de Narcea e Illas Canarias).

-“A viticultura en Cangas de Narcea (AsturiAs)” Beatriz Pérez García. Adega Vidas. Presidenta do CRDO Cangas.

-“A viticultura nas illas Canarias. Adega Viñátigo”Elena Batista Herrera. Enóloga da Adega Viñátigo (Santa Cruz de Tenerife).

-“A viticultura na Ribeira Sacra”José Manuel Rodríguez. Presidente do CRDO Ribeira Sacra.

Cata comentada de viños heroicos

Adxúntanse os seguintes documentos:

-Programa xeral da I Semana Vitivinícola de Galicia
-Programa específico do I Encontro de Viticultura Galicia-Norte de Portugal
-Folla de inscrición para o I Encontro de Viticultura Galicia-Norte de Portugal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información