Festa da nabiza e do queixo de Curtis

Os locais de hostalería do concello coruñés ofrecen unha ruta gastronómica cos produtos este domingo 6

Publicidade
Data inicio: 06/12/2015
Data fin: 06/12/2015
Lugar: Curtis, A Coruña, España

O Concello de Curtis organiza un ano máis a ruta gastronómica do caldo de nabiza e do queixo de Curtis, unha festa na que colaboran 23 establecementos hostaleiros dos núcleos de Teixeiro e de Curtis. O evento desenvolverase este domingo 6. Con cada consumición, os locais ofrecerán de xeito gratuito unha tapa con estes produtos típicos da comarca.

A Festa da nabiza e do queixo de Curtis complétase cunha ruta moteira invernal, organizada polos ‘Auténticos de Curtis’, que se desenvolve por oitava edición.

Díptico cos locais participantes na Festa da nabiza e do queixo de Curtis

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *