Xornada sobre as vantaxes para as explotacións de participar no “Proxecto AGRIDEMO-F2F”

Publicidade
Xornada sobre as vantaxes para as explotacións de participar no “Proxecto AGRIDEMO-F2F”

As explotacións que participen no proxecto terán unha serie de vantaxes

Data inicio: 14/12/2017
Data fin: 14/12/2017
Lugar: Xunta De Galicia - Edificio Administrativo - Lugo, Ronda da Muralla, Lugo, España

A Oficina Agraria Comarcal de Lugo organiza para este xoves, 14 de decembro, unha xornada técnica sobre o “Proxecto europeo AGRIDEMO-F2F-Granxas Agrarias de Demostración”, unha iniciativa a nivel europeo que busca mellorar a formación e as técnicas de aprendizaxe do gandeiro e do agricultor, traballando en rede con outros granxeiros e actores do sector (investigadores, empresas…etc).

Ademais, no taller explicaranse as vantaxes para os agricultores de aparecer no inventario europeo de explotacións demostrativas. Tamén se fará un taller práctico sobre como cubrir a enquisa do inventario e posicionar a explotación no visor web.

O ponente será Miguel Cordero, investigador do Campus Terra. EPS Lugo.

A xornada celebrarase na sede da Xunta en Lugo en horario de 16:00 a 21:00 horas. As solicitudes para participar nesta xornada deberán presentarse na OAC de Lugo antes das 14:00 horas de mañá mércores, ou ben envialas por Fax ao 982-294937 ou por mail a jose.rocha.grande@xunta.gal

Descarga aquí a folla de inscrición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *