Curso sobre a poda en verde da oliveira

A Asociación de Produtores de Aceite de Galicia organiza un seminario sobre técnicas de poda o domingo 11 de agosto en San Amaro. A sesión impartiraa o experto Ramón Pulgar

Curso sobre a poda en verde da oliveira

Oliveiras na zona de Quiroga.

Data inicio: 11/08/2019
Data fin: 11/08/2019
Lugar: San Amaro, Ourense, España

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia (Apaag) organiza unha nova xornada de formación centrada na poda en verde na oliveira, aínda que no curso tamén se asesorará ós asistentes sobre boas prácticas nas plantacións.

A sesión formativa terá lugar o domingo 11 de agosto a partir das 10:00 horas nun oliveiral no concello ourensán de San Amaro. A actividade ten un custo de 10 euros para os asociados da Apaag e de 50 euros para o resto de asistentes.

Esta actividade enmárcase dentro do programa anual de formación que desenvolve a asociación de produtores e que inclúe cursos de poda, charlas sobre o aceite galego, boas prácticas, catas, etc. O curso será impartido por Ramón Pulgar, experto oleícola de recoñecido prestixio e bo coñecedor do emerxente sector oliveiral en Galicia.

Para máis información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto cos organizadores no correo: info (arroba) apag.gal ou no teléfono 692 700 034.

Cartel-curso-APAG-oliveira-

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información