Curso gratuíto de técnicas de poda e enxerto de froiteras

Curso gratuíto de técnicas de poda e enxerto de froiteras

Podando mazairas

Data inicio: 09/11/2015
Data fin: 13/11/2015
Lugar: Rúa Gradín, 1, A Estrada, España

O Sindicato Labrego Galego desenvolverá na Estrada (Pontevedra), a partir do vindeiro luns 9 de novembro, un curso de técnicas froiteiras, como poda ou enxerto, orientadas cara a esta época do ano na que as árbores comezan a perder a folla mentres se achega o inverno.

As aulas desenvolveranse dende o 9 ao 13 de novembro en horario de 16:00 a 20:00 horas, e concluirán o sábado 14 de novembro cunha xornada matinal de 9:00 a 14:00 horas. En total, o curso será de 25 horas, das cales 15 serán teóricas e impartiranse no local do SLG na Estrada (rúa Gradín 1); e 10 de carácter práctico que se desenvolverán nunha parcela na parroquia estradense de Paradela.

O curso será gratuíto. As persoas que queiran inscribirse ou recibir máis información poden facelo chamando, de 10:00 a 14:00 horas, ao teléfono 986 573 232; ou contactando fóra desa franxa horaria, incluíndo a fin de semana, co móbil 659 211 523

image_print

2 ideas sobre “Curso gratuíto de técnicas de poda e enxerto de froiteras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información