Curso de micoloxía en Rois

Publicidade
Curso de micoloxía en Rois
Data inicio: 15/10/2016
Data fin: 29/10/2016
Lugar: Concello de Rois, Aldea Samil, Rois, España

O Concello de Rois (A Coruña) organiza un Curso de Micoloxía para os sábados 15, 22 e 29 de outubro en horario de mañá. Dito curso combinará teoría con saída aos montes de Rois para recollida de cogomelos, adaptando os contidos ao nivel e inquedanzas do alumnado.

O prezo é de 20€, reducido á metade para a mocidade con carné xove e para desempregados​. O prazo de inscrición remata o vindeiro 10 de outubro.

Como contidos básicos e adaptables, traballaranse os seguintes:
-Coñecementos básicos sobre bioloxía dos fungos.
-Características máis importantes para recoñecer as principais especies de cogumelos comestibles e velenosas.

Jaime Bernardo Blanco-Dios será o docente responsable do curso. É enxeñeiro agrónomo, presidente da Asociación Micolóxica Brincabois de Pontevedra, membro do Grupo Micolóxico Galego (G.M.G.) e do Grupo Botánico Galego (G.B.G) e representante de Galicia na Comisión Ibérica de Fungos Ameazados, entre outros. Autor ou coautor de 8 libros e 130 artigos científicos publicados en revistas especializadas nacionais ou internacionais. Recentemente foi galardoado co “Premio Cidade de Pontevedra 2014” na modalidade de Persoas Físicas.

Máis información no teléfono 981 81 60 61 ou por mail concelloderois@gmail.com

Descarga aquí o cartaz do curso

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información