Queixos-

Curso de elaboración de derivados lácteos na Baña

A asociación Terras de Valcarcel organiza este mes un curso sobre técnicas de elaboración de derivados lácteos que se impartirá na Baña (A Coruña). O curso celebrarase os días 20, 21, 23, 24 e 25 de maio na antiga escola de Seoane, na Barcala, no concello da Baña.

O mestre queixeiro José Luís Martín encargarase de impartir a formación. As sesións terán lugar en horario de mañá, de 10:00 a 14:00 horas.

Os interesados poderán solicitar máis información e formalizar a inscrición a través do teléfono 981 554 147 ou no email [email protected]

 

cartel-elaboracion-queixos-Touro-