OLIVEIRAS_QUIROGA_6

Curso de cultivo e poda da oliveira galega na Estrada

A Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia (APAAG), organiza un curso de cultivo e poda da oliveira galega. Será este fin de semana, 2 e 3 de marzo, na localidade pontevedresa da Estrada e estará impartido por Ramón Pulgar, recoñecido enxeñeiro agrónomo e oleólogo.

Esta xornada formativa enmárcase dentro das actividades que APAAG realiza durante o ano, enfocadas a sumar coñecementos no cada vez máis importante sector oliveiral galego. O curso vai dirixido a persoas socias e tamén ás que non son socias.

Ademais, un día antes, o venres día 1 de marzo, terá lugar tamén na Estrada, unha nova presentación dos aceites galegos da APAAG. Trátase de produtores asociados da APAAG que xa van tendo as primeiras producións de aceite e que, ao igual que se fixo en xaneiro en Ourense, danse a coñecer a través dunha cata dirixida tamén por Ramón Pulgar.

Máis información: [email protected] ou no teléfono 692 700034

xornada_aceite_a_estrada