Congreso Investigación en Viticultura e Enoloxía en Galicia

Publicidade
Data inicio: 23/06/2015
Data fin: 23/06/2015
Lugar: Rúa do Progreso, 40, 32003 Ourense, Ourense, España

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, en colaboración co INGACAL e a Excma Deputación Provincial de Ourense, organiza o Congreso Investigación en Viticultura e Enoloxía en Galicia. Dito evento celebrarase o vindeiro 23 de xuño no salón de actos do Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense (Rúa Progreso nº 30, a carón da Deputación Provincial) durante todo o día.

Ademais do persoal investigador dos grupos que solicitaron a súa participación, poderán asistir tamén coma ouvintes os viticultores, adegueiros, enólogos, persoal técnico das adegas e consellos reguladores, estudantes. Público interesado en xeral.

Pode acceder ao tríptico informativo e descargar a folla de inscrición na seguinte ligazón:

https://evega.xunta.gal/congreso-investigacion-en-viticultura-e-enoloxia-en-galicia-a-transferencia-tecnoloxica/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *