Ciclo de conferencias en Lugo sobre os soutos de castiñeiros

A Real Academia Galega das Ciencias, en colaboración coa Deputación de Lugo, programou para este mes sete charlas monográficas

Publicidade
Data inicio: 14/11/2016
Data fin: 23/11/2016
Lugar: Rúa San Marcos, Lugo, España

A Real Academia Galega das Ciencias adica este ano o seu ciclo de conferencias ‘Luis Asorey’ ó mundo do castiñeiro. O salón de actos da Deputación de Lugo, que colabora e patrocina o evento, acollerá este mes un total de sete charlas sobre os soutos en Galicia. Participarán destacados investigadores galegos relacionados co castiñeiro, así como un representante da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia.

A asistencia ó evento é libre e gratuita, se ben recoméndase a inscripción previa a través do Rexistro da Deputación, de cara a evitar posibles problemas de falta de aforo. O programa de conferencias comezará o próximo 14 de novembro ás 19.15 horas cunha charla de Antonio Rigueiro, catedrático do Departamento de Produción Vexetal da USC, que falará sobre os soutos e os castiñeiros senlleiros en Galicia. As sesións desenvolveranse entre o luns 14 e o xoves 17, e entre o luns 21 e o mércores 23, sempre en horario de tarde.

Máis información
Programa completo das xornadas ‘Os soutos de castiñeiros en Galicia’

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información