Xornada sobre mellora de análises microbiolóxicas na industria alimentaria

Desenvolverase no CETAL o 26 de novembro e será impartida por técnicos da empresa Bioser.

Publicidade
Xornada sobre mellora de análises microbiolóxicas na industria alimentaria
Data inicio: 26/11/2015
Data fin: 26/11/2015
Lugar: Fundación Centro Tecnológico Agroalimentario de Lugo - CETAL, Rúa Montirón, Lugo, España

A sede do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo acollerá o xoves 26 deste mes o seminario “Técnicas de análises microbiolóxico: optimización de custos e do tempo en industria alimentaria”, unha actividade que organiza Bioser coa colaboración do CETAL, entre outras entidades.

Os asistentes poderán coñecer novos métodos de análises microbiolóxico, o seu fundamento e as súas aplicacións e os requisitos legais, e recibirán as ferramentas necesarias para seleccionar o máis adecuado, co obxectivo de garantir a inocuidade alimentaria tanto en materias primas como en produtos finais e en superficies en contacto cos alimentos.

O programa, que se atopa dispoñible nas páxinas web de Bioser (www.bioser.com) e do CETAL (www.cetal.es), estrutúrase en dúas sesións teórico-prácticas: o control microbiolóxico dos alimentos e a optimización de recursos no control de patóxenos alimentarios, que terá lugar das 9.00 ás 14.00 h, e a xestión dos alérxenos na industria alimentaria, a partir das 15.00 e ata as 16.30 h.

O prazo de inscrición finaliza o 19 de novembro.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información