mercado_horta_01_standar

Xornada en Ribadeo sobre alimentación de proximidade

A rede ReVOLTA, composta por oito grupos e investigación das universidades galegas, organiza o vindeiro venres, 22 de marzo, en Ribadeo a xornada “Pensar unha alimentación máis próxima” .Terá lugar no Centro de formación e experimentación agroforestal “Pedro Murias” e está aberta á participación do público.

“Tanto os grupos de consumo, pequenos produtores, mercados labregos, cooperativas de distribución representan una alternativa ao modelo industrializado de produción e distribución alimentaria. Estes buscan rescatar esas outras formas de produción e consumo máis apegadas á terra”, destacan dende a organización.

“A sustentabilidade -engaden- do propio sistema alimentar virá dada se somos quen de construír procesos participativos nos que involucrar á toda a sociedade e pensar como podemos impulsar modelos alimentarios máis próximos”.

A xornada terá o seguinte formato

10:00 – 10:30 Presentación
Polo alcalde de Ribadeo Fernando Suárez, o catedrático en Historia Contemporánea da USC, Lourenzo Fernández Prieto, e un representante de AGACAL

10:30- 12:00 Mesa “Outro sistema alimentario é posible”
-“A estratexia participativa alimentaria de Valladolid”, por Olga Rada, responsable do Ecomercado de Valladolid e técnica na Fundación Entretantos.

-“O Plan Alimentario na reserva da biosfera “Mariñas coruñesas e terras do Mandeo”, por Jorge Blanco, xerente da Asociación Mariñas-Betanzos

-“As bacías alimentarias como espazos de distribución e comercialización agroalimentaria”, polo profesor títular de Bioloxía Funcional da USC, Emilio Carral

12:00- 12:30 Descanso

12:30 – 14:00 Sesión participativa “Camiñando cara un novo modelo de agroalimentación na zona do Eo”

Dinamizada por Fran Quiroga, técnico da rede REVOLTA e Lucas Requejo, consultor en innovación social
A xornada conta coa co-organización do concello de Ribadeo e a colaboración da Axencia Galega de Calidade Alimentaria. Para aquelas persoas interesadas en participar na xornada deben inscribirse en [email protected]

cartaz xornada pensar unha alimentación máis próxima