Xantar arrinca cunha oferta de máis de 200 actividades

O salón internacional de turismo gastronómico, que se celebra entre o 1 e o 5 de febreiro en Ourense, contará con 232 expositores directos e 15 restaurantes

Publicidade
Xantar arrinca cunha oferta de máis de 200 actividades

Rolda de prensa de presentación de Xantar.

O recinto feiral de Expourense acolle desde este mércores 1 de febreiro e ata o domingo 5 a décimo oitava edición de Xantar. O salón internacional de Turismo Gastronómico contará con 232 expositores directos e ten programadas máis de 200 actividades durante os 5 días de feira, entre demostracións de cociña (showcooking), catas, talleres e conferencias.

O certame conta este ano coa presenza destacada de Panamá, que é o país convidado desta edición, pero tamén inclúe unha participación significativa dos Estados que foran países convidados as dúas últimas feiras, caso de Costa Rica e do Estado mexicano de Morelos. Entre os 232 expositores directos, haberá presenza de 11 países, a maioría latinoamericanos.

Os destinos turísticos de proximidade, coma o Norte de Portugal e as provincias de León e Zamora, tamén protagonizan unha participación salientable en Xantar.

Túnel do queixo e do viño
En canto á presenza galega, a parte das numerosas actividades de showcooking, catas e charlas que desenvolverán as distintas denominacións de orixe e IXPs, Xantar ofrécelle ós asistentes profesionais acceso ós tuneis do queixo e do viño, nos que poderán catar produtos das distintas denominacións de orixe galegas.

O certame contará ademais con 15 restaurantes que ofrecen 21 menús a prezos que oscilan entre os 14 e os 30 euros. Entre os restaurantes, haberá participación galega, portuguesa, de Castela, Asturias e de dous países latinoamericanos (Panamá e Costa Rica).

Pódese consultar na web de Xantar o programa completo de actividades do salón.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información