Xa é obrigatorio incluír a información nutricional na etiqueta dos alimentos

Publicidade
Xa é obrigatorio incluír a información nutricional na etiqueta dos alimentos

A etiqueta debe incluír información nutricional

Desde o 13 de decembro a etiquetaxe dos alimentos ten que incluír, de maneira obrigatoria, a información nutricional, é dicir, o valor enerxético e as cantidades de graxas, graxas saturadas, hidratos de carbono, azucres, proteínas e sal. Ademais, para que os consumidores poidan comparar alimentos, a etiquetaxe debe incluír esta información por 100 gramos ou 100 mililitros.

Isto débese á aplicación da norma comunitaria pola que se rexe a etiquetaxe, o Regulamento (UE) Nº 1169/2011 do Parlamento Europeo e do Consello do 25 de outubro de 2011 sobre información alimentaria facilitada ao consumidor, que se aplica desde o 13 de decembro de 2014, excepto as indicacións relativas á información nutricional, que serán aplicables desde o 13 de decembro de 2016.

A información obrigatoria poderá completarse, voluntariamente, cos valores doutros nutrientes: ácidos graxos monoinsaturados e poliinsaturados, polialcohois, almidón, fibra alimentaria, vitaminas ou minerais.

Débese presentar no mesmo campo visual, de maneira que sexa facilmente visible, claramente lexible e indeleble. Está regulado o tamaño de letra igual ou superior a 1,2 mm e ha de presentarse en  formato de táboa, agás que o espazo non o permita, nese caso pódese presentar de forma lineal.

Doutra banda, ademais dos valores  por 100 g ou 100 ml, pode expresarse por porción ou por unidade de consumo de forma facilmente recoñecible para o consumidor, a condición de que a porción ou a unidade de consumo que se utilice exprésese cuantitativamente na etiqueta e indíquese o número de porcións ou de unidades que contén o envase.

Están exentos de incluír a información nutricional:  os produtos sen transformar ou curados que inclúen un só ingrediente, a auga, o sal, as especias, o té, os vinagres, os aditivos alimentarios, as bebidas con grao alcohólico superior a 1,2 %, os alimentos en envases cuxa superficie maior sexa inferior a 25 cm²  (como marmeladas ou manteigas de hostalería), entre outros.

Os alimentos non envasados tamén están exentos, pero pode darse de forma voluntaria limitándose ao valor enerxético, ou ben ao valor enerxético e cantidade de graxas, graxas saturadas, azucres e sal, e expresarse só por porcións ou por unidades de consumo.

A Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (AECOSAN) pon a disposición do consumidor o sitio web http://eletiquetadocuentamucho.aecosan.msssi.gob.es , onde poden atopar información moi ampla acerca deste tema, como a lexislación, material divulgativo, as preguntas máis frecuentes ou as novidades da etiquetaxe.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información