Un dos máis recoñecidos mestres queixeiros franceses impartirá unha xornada formativa en Santiago

Publicidade

Ivan Larcher, un dos mestres queixeiros franceses máis recoñecidos a nivel internacional, impartirá o vindeiro 20 de xuño en Santiago de Compostela un curso sobre elaboración de novos queixos.

Durante toda a xornada explicará como elaborar queixos de pasta branda, queixos medio curados, curados, con produtos vexetais, con mofos…etc. Tamén falará sobre a calidade sanitaria do leite para a transformación con leite cru.

A xornada está organizada pola Asociación de Produtores de Requeixo de Galicia e celebrarase no Hotel Santiago Apóstol, en horario de 9:30 a 19:00 horas. O xantar estará organizado pola asociación Slow Food Galicia. Ademais, durante a xornada a asociación QueRed (Queserías de Campo y Artesanas) presentará a Guía Europea de Boas Prácticas na elaboración de Queixos e Lácteos.

O curso ten un custo de 70 euros. As persoas interesadas en inscribirse deben enviar un correo electrónico a [email protected]

Ivan Larcher está graduado pola ENIL (National Dairy School of Surgeres-Francia), dende hai dez anos é asesor de queixerías de Canadá, Australia, Reino Unido, Francia ou de Estados Unidos, así como de tendas especializadas en queixos.

Ademais, é produtor de queixos elaborados a partir de leite de vacas de raza Jersey.

XORNADA_QUEIXOS_ASOC_REQUEIXO

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información