Santo André Xoven, da DO Cebreiro, elixido mellor queixo novo de vaca de España

Publicidade
Santo André Xoven, da DO Cebreiro, elixido mellor queixo novo de vaca de España

Queixo Santo André. Foto: benbo.eu

O queixo Santo André Xoven, da Denominación de Orixe Protexida Cebreiro, foi elixido mellor queixo novo de vaca de España no Salón Gourmets que estes días se celebra en Madrid. Ademais deste primeiro premio tamén se levou o segundo na categoría de afinados lácticos para o seu queixo Santo André.

Santo André é unha pequena queixería de Castroverde (Lugo), á fronte da cal se atopa Carlos Reija Fernández, que nos últimos anos está a sorprender pola calidade dos seus produtos e a súa aposta polo queixo Cebreiro curado.

Tamén é de destacar o terceiro posto na categoría de queixos de pasta branda para Terra, da queixería Airas Moniz, de Chantada (Lugo) que apostou pola produción de queixos con leite de vaca Jersey. En queixos azuis o segundo posto foi para outro queixo galego: Lara & Sara, de Queixería Prestes (Vilalba).

O 8 GourmetQuesos / Integra2, Campionato dos Mellores Queixos de España 2017, premiou aos mellores queixos nacionais en 15 categorías diferentes en función do leite, a textura ou a pasta, entre outros parámetros. Competiron 605 queixos, dos que 20 eran de Galicia, nun total de 15 categorías.

Velaquí a lista de premiados:

Cat. 1: Vaca Jóven
1. Sto. André joven DOP Cebreiro , Carlos Reija Fernández, Lugo
2. Garmillas tierno, Queso Las Garmillas, Cantabria
3. Son vives Semicurado DOP Mahón Menorca Artesano, Son vives, Menorca

Cat. 2: Vaca Curado
1. Hijo F. Quintana Curado DOP Mahón Menorca artesano, Hijo F. Quintana, Menorca
2. Subaida curado DOP Mahón Menorca artesano, Subaida, Menorca
3. Redes DOP Casín, Quesería Redes, Asturias

Cat. 3: Cabra Jóven
1. Maxorata jóven DOP Majorero, Grupo Ganaderos Fuerteventura, Fuerteventura
2. Celestina cabra, Quesos Corcuera, Toledo
3. Blancafort, Ramaders de Cabres Lleteres del Bergueda, Barcelona
Cat. 4: Cabra Curado
1. Maxorata curado DOP Majorero, Grupo Ganaderos Fuerteventura, Fuerteventura
2.  Pajonales Bolaños curado, Manuel Hernández Bolaños, Gran Canaria
3. Finca Uga Pimentón, Finca Uga, Lanzarote

Cat. 5: Mezcla
1. La Pastora de Grazalema curado,  La Pastora de Grazalema, Cádiz
2. Castrocastillo, Lácteos Siete Lobas, león
3. Payoyo curado mezcla, Quesos Payoyo, Cádiz

Cat. 6: Pasta blanda
1. Rodonet de cabra, Formatges Artefor, Barcelona
2. Besos del Rey Silo, Rey Silo, Asturias
3. Terra, Airas Moniz, lugo

Cat. 7: Oveja semi
1. Remiro DOP Idiazabal, Quesería Remiro, Navarra
2. Laurus semicurado, Quesería Artesanal Laurus, Zamora
3. Gazpio DOP Idiazabal, José Inazio Ugartemendia, Guipuzcoa

Cat. 8: Oveja curado
1. El Bosqueño oveja curado emborrao, Quesos El Bosqueño, Cádiz
2. Pajarete oveja curado, Lopicomo, Cádiz
3. Marcos conde oveja curado, Queserías de Zamora, Zamora

Cat. 9: Oveja añejo
1. La Leze DOP Idiazabal, Caserío La Leze, Álava
2. Selección Especial 1605 DOP Manchego, Quesería 1605, Ciudad Real
3. Quevedo añejo, Quesos Quevedo, Valladolid

Cat. 10: Tortas cuajo vegetal
1. Cremositos del Zujar, Arteserena, Badajoz
2. Gran Tajo Selección DOP Torta del Casar, Iberques Extremadura, Cáceres
3. Torta La Dehesa, Haciendas Company Spain, Salamanca

Cat. 11: Azules
1. Azul Reny Picot , Industrial Quesera del Guadarrama, Madrid
2. Lara & Sara, Queixeria Prestes, Lugo
3. Peñoceo, Quesos La Peral, Asturias

Cat. 12: Afinados lácticos
1. Moluengo, Quesos La Rueda, Albacete
2. Sto. André, Carlos Reija Fernández, Lugo
3. Quesos de Luna, Quesería de Luna, Ciudad Real

Cat. 13: Ahumados
1. Jaio DOP Idiazabal, Jaio Gazta, Vizcaya
2. La Leze DOP Idiazabal, Caserío La Leze, Álava
3. Montesdeoca, Biogranja Montes de Oca, Tenerife

Cat. 14: Ecológicos
1. Montes de Alcalá de cabra payoya, Quesería El Gazul, Cádiz
2. Hacienda Zorita Organic Farm, Haciendas Company Spain, Salamanca
3. La Vieja Buchaca, La Vieja Buchaca, Granada

Cat. 15: Con condimentos en su interior
1. Bombón de Iruelas, Quesería Elvira García, Ávila
2. Rojo Capra, Carralejos Granja Quesería, Salamanca
3. Pascualete Trufado, Finca Pascualete, Cáceres

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información