Os queixos galegos logran 9 medallas nos World Cheese Awards 2017

Os queixos galegos logran 9 medallas nos World Cheese Awards 2017

Queixo de San Simón de Cas Leiras, un dos premiados.

Os queixos galegos lograron o pasado venres en Londres alzarse con 9 medallas no concurso anual World Cheese Awards, un certame no que se elixe o mellor queixo do mundo.

Este ano presentáronse 3.001 queixos a concurso, que son avaliados por 120 xuíces internacionais. Un total de 6 queixerías galegas lograron 9 medallas, da que tres corresponden a “elaboracións tradicionais” (un queixo tipo país e 2 San Simón da Costa), mentres que as outras mencións son para queixos de novas formas de facer e queixos non tradicionais de Galicia.

Outro dato rechamante é que desas 9 medallas, 5 son de queixos con leite de cabra e ovella.

As queserías con queixos premiados foron:
1. Queixos de Ovella O Balido: 2 ouros
2. Cortes de Muar: 1 ouro e 1 prata,
3. Queixos de Cabra Touza Vella: 1 prata e 1 bronce.
4. Queserías Sarrianas: 1 prata
5. Queixería Catadoiro: 1 bronce
6. Queixería Cas Leiras: 1 bronce.

Consulta aquí a listaxe de resultados en formato PDF. 

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información