Mondoñedo volve esta fin de semana ao Medievo co seu Mercado declarado Festa de Interese Turístico

Durante tres días como cada ano o casco histórico encherase con preto de 150 postos de artesanía, alimentación, ambientación e levaranse a cabo numerosas demostracións de oficios tradicionais e espectáculos de animación

Publicidade

 

presentacion Mercado Medieval 2019 en SantiagoEsta fin de semana, durante tres días, nas rúas do casco histórico de Mondoñedo os visitantes atoparanse con 150 postos e poderán gozar de máis de 80 actividades, entre as que destacan un concerto de música andalusí, cristiá e sefardí; bodas medievais ou un espectáculo único de luces na Catedral.

Ademais do Concello, que é un dos axentes impulsores desta iniciativa que xa é un referente na comarca e que cada ano gaña visitantes e participantes, o éxito do mesmo tamén se debe ao esforzo de voluntarios, traballadores municipais, comercio e hostalería local, e a outras tantas persoas que colaboran para que cada edición vaia a máis.

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, acompañada da directora de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, e dos representantes dunha das asociacións que participa activamente na organización e desenvolvemento do Mercado Medieval -Asociación Cultural Pasatempo-, e da entidade encargada da animación -Hípica Celta-, continuou en Santiago de Compostela a rolda de presentacións da XXVIII edición deste festexo, que se celebrará na cidade mariñá os días 9, 10 e 11 de agosto.

Declarada xa Festa de Interese Turístico Galego, tal e como subliñou Nava Castro, contará con preto de 150 postos e máis de 80 actividades. Deste xeito, durante eses tres días, nas rúas do casco histórico da cidade, os visitantes poderán mercar distintos produtos de artesanía e alimentación, pero tamén gozarán da ambientación da época grazas ás demostracións de oficios tradicionais e espectáculos de animación.

Elena Candia convidou aos santiagueses e a todos os galegos a achegarse eses días a Mondoñedo para gozar “dunha cita senlleira que mestura tradición e innovación”, e que se iniciará co pregón de Concepción López, filla de Pepín Agrelo; un dos impulsores deste encontro lúdico e cultural.

Principais atractivos

foto presentacion cartel mercado medieval Mondoñedo 2019Un dos principais atractivos do evento será, debido a que é a primeira vez que se celebra no marco deste festexo, o concerto de música andalusí, cristiá e sefardí: “La Mujer en el Al-Andalus”, e a interpretación histórica sobre Mondoñedo a cargo da Asociación Cultural Pasatempo, tal e como apuntou na presentación o propio integrante da mesma.

Ademais das bodas medievais que son, segundo apuntou Candia, “outro dos puntos fortes desta edición”, haberá outro tipo de espectáculos como o torneo medieval ou o campamento medieval e infantil, e numerosas actuacións de rúa durante os tres días que dura a celebración.

Protagonismo para a Catedral

Coa programación deste ano, a organización tamén quere dar protagonismo á Catedral, onde se proxectará un xogo de luces na propia fachada. Será o sábado 10, día no que tamén se poderá desfrutar do espectáculo aéreo e do circo.

“Con isto suplimos os números de lume, que este ano non os hai para cumprir co plan de seguridade, garantindo así que non se produza ningún incidente. A cambio, iluminaremos a nosa Catedral cun impresionante espectáculo de luces que merece a pena ver”, explicou a alcaldesa.

“O éxito é traballo de todos”

A entidade local é un dos axentes impulsores desta iniciativa que xa é un referente na comarca e que cada ano gaña visitantes e participantes. Con todo, tal e como remarcou a máxima mandataria do Concello, o mercado non se podería levar a cabo sen os voluntarios, traballadores municipais, o comercio, hostalería local e outras tantas persoas que colaboran para que cada edición vaia a máis. “O éxito é traballo de todos”, informou.

Logo de presentalo a pasada semana en Oviedo e en Santiago, Elena Candia continuará dando a coñecer esta cita festiva nos vindeiros días noutros lugares de Galicia, en vilas entre as que se atopan, entre outras, Ribadavia, onde se celebra a coñecida Festa da Istoria.

cartel mercado medieval Mondoñedo 2019cartel mercado medieval Mondoñedo 2019-3cartel mercado medieval Mondoñedo 2019-2

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información