Lidl súmase á suba do leite en 2 céntimos anunciada por Mercadona e Eroski

Publicidade
Lidl súmase á suba do leite en 2 céntimos anunciada por Mercadona e Eroski

A mellora do prezo repercutirá nas explotacións.

A cadea Lidl pechou un acordo coas súas industrias lácteas proveedoras para pagarlles un 5% máis por cada litro de leite a partir do 1 de outubro, segundo informa a firma nunha nota de prensa. A empresa alemá asegura ademais que conta co compromiso dos seus proveedores de marcas propias para trasladarlle ese aumento de xeito íntegro ós gandeiros. A medida, malia que Lidl non a cuantifica en euros, suporá arredor de 2 céntimos por litro a maiores, unha suba similar a anunciada días atrás por Mercadona e Eroski.

Con este anuncio, a cadea de supermercados de desconto declara que quere contribuir á sostibilidade do sector lácteo español. Son xa empresas de distribución as que anunciaron subas nos pagos ós gandeiros: Mercadona, Vegalsa-Eroski –que acompaña a medida dunha suba no supermercado-, Dia e Lidl. Onte a firma galega Gadis anunciou unha suba do prezo do leite no supermercado ata os 59 céntimos, pero non ofreceu garantías de que eses cartos cheguen ó gandeiro.

Doutra banda, esta mesma mañá coñecíase que Supeco, unha cadea ‘low cost’ de Carrefour, está a ofrecer leite a 28 céntimos en Vilagarcía, unha promoción en plena crise gandeira que o sector considera unha vergoña.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información