A industria láctea acumula o 30% das sancións da cadea alimentaria

A Agencia de Información y Control Alimentarios (AICA) impuxo un total de 686 sancións desde o 2014, cunha coantía media de 12.000 euros

A industria láctea acumula o 30% das sancións da cadea alimentaria

Reunión do Consello Asesor da AICA.

A Agencia de Información y Control Alimentarios (AICA), dependente do Ministerio de Agricultura, vén de presentar o seu informe de actividades do primeiro semestre do 2017. Os datos reflicten unha intensificación da actividade sancionadora da AICA nos últimos meses, pois este ano impuxo 337 multas, do total de 686 que leva emitidas desde o 2014.

A maioría das sancións débense a cuestións como incumprimento dos prazos de pago (41%) ou ausencia de contratos entre as partes (19%). A industria alimentaria é a que recibiu máis sancións, con 313 do total. Destaca en especial a industria láctea, con 196, o 30% do total de multas acordadas pola Agencia. No sector lácteo, figuran tamén sete produtores sancionados.

Outro dos focos de sancións é a distribución minorista, incluíndo supermercados, con 240 multas, e a distribución maiorista, sobre todo a de froitas e hortalizas (126 multas).

En total, a Agencia impuxo sancións por importe de 8,2 millóns de euros, cunha media por expediente de 12.000 euros. Hai sete empresas que destacan pola súa reincidencia, se ben, como é habitual, a AICA non fai públicos os seus nomes.

Labor inspectora
Durante o último semestre, a AICA fixo 1.698 inspeccións de oficio, centrando no que vai de ano a súa actuación no sector de froitas e hortalizas, con 875 inspeccións, e no sector cárnico, con 331. Outros sectores que destacan na actividade da Agencia son o viño, con 100 visitas, e o lácteo, con 81.

En canto ás denuncias de oficio recibidas, no que vai de ano á AICA chegaron 38 denuncias, 15 delas referidas ó sector lácteo.

Máis información
Informe da AICA do primeiro semestre.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información