Fin de semana para disfrutar dos produtos do outono en Allariz

Publicidade
Fin de semana para disfrutar dos produtos do outono en Allariz

Mercado de outono de Allariz

A vila ourensá de Allariz acolle esta fin de semana, 10 e 11 de novembro, a vixésimo terceira Feira de Outono. O evento gastronómico ten por obxectivo promocionar, potenciar e valorizar os produtos de outono. Así, no pavillón do Instituto de Allariz corenta e tres produtores galegos venderán mel, cogomelos, noces, castañas e os seus derivados, entre outros.

Unha exposición micolóxica, no Mercado da Reserva da Biosfera, concursos e demostración de cociña en vivo, ademais de sorteos e actividades para pequenos/as e maiores completan o programa da fin de semana de outono.

Os restaurantes e taparías da vila ofrecerán menús e tapas elaboradas con produtos de outono durante a fin de semana e sortearán un menú para dúas persoas para aqueles que desgusten o outono nalgún dos establecementos participantes.

Máis información: www.allariz.gal/feiradeoutono

PROGRAM-FEIRA-OUTONO

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información