As xovencas de Rubia Galega poxadas en Pedrafita acadan unha media de 2.250 euros

As xovencas de Rubia Galega poxadas en Pedrafita acadan unha media de 2.250 euros

Poxa de Acruga este domingo en Pedrafita do Cebreiro

O mercado gandeiro de Pedrafita do Cebreiro acolleu este domingo una das poxas de Acruga, que segundo a organización “foi das máis exitosas de cantas se celebraon neste concello, ao adxudicar as catro xatas presentadas á poxa e facelo ademais cun prezo medio de 2.250 euros”. “Un excelente balance se se ten en conta que o prezo de saída era de 1.800 euros”, destacan desde a organización.

A primeira das xovencas presentadas adxudicouse a un gandeiro de Palas de Rei por 2.100 euros; a segunda foi a parar á propietaria dunha explotación da Fonsagrada que poxou ata alcanzar os 2.500 euros; o terceiro exemplar presentado foi adxudicado por 1.900 euros a un gandeiro de Becerreá, mentres que a última xata da poxa de hoxe volveu subir 700 euros sobre o prezo de saída, ata adxudicarse en 2.500 euros a un gandeiro de Baralla.

“A poxa de Pedrafita do Cebreiro sempre dá bos resultados”, explica o presidente de Acruga, César Dorado, quen lembra que “o ano pasado xa se obtivo un moi bo prezo medio de algo máis de 2.100 euros, ao venderse dúas das catro novelas presentadas por 2.300 euros”. “Este ano, a calidade do gando foi clave unha vez máis, o que motivou unha poxa moi animada; que se puidesen vender dous exemplares por 2.500 euros; e, finalmente, acadar este prezo medio tan elevado”, asegura César Dorado.

A animación e concorrencia no mercado gandeiro de Pedrafita quedou patente co número de gandeiros que antes da poxa optaron por retirar o cartón necesario para poder poxar. En total foron 23 os que realizaron este trámite, a maioría da provincia de Lugo, pero tamén houbo presenza de gandeiros da Coruña e Pontevedra.

Xovencas poxadas en Pedrafita

Xovencas poxadas en Pedrafita

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información