Xornadas sobre cogumelos, soutos e gandeiría de montaña en Cervantes

Terán lugar esta fin de semana en San Román cun programa de dous días que inclúe saídas ao monte e visitas guiadas aos principais atractivos da zona

Publicidade
CARTEL4

Paisaxe dos montes dos Ancares en outono

A Asociación Territorio Verde organiza esta fin de semana nos Ancares unha serie de actividades de outono que inclúen roteiros para a iniciación á micoloxía e visitas guiadas para coñecer a cultura da castaña e a gandería de montaña desta zona, ademais de paradas en lugares de interese turístico como o castelo de Doiras.

O programa desenvolverase o sábado 16 e o domingo 17 durante todo o día e está pensado para a convivencia e intercambio de experiencias entre os participantes, que poderán coñecer de primeira man as distintas potencialidades agrogandeiras existentes nesta zona dos Ancares lucenses, ademais de servir para poñer en valor a riqueza ambiental, cultural e paisaxística deste entorno natural, declarado Reserva da Biosfera pola Unesco.

As distintas actividades están pensadas para maiores de 16 anos e o prezo para toda a fin de semana, con almorzo, comida, cea e aloxamento incluídos, é de 120 euros por persoa. As prazas son limitadas e as reservas poden facerse a través do número de teléfono 650858702.

PROGRAMA COMPLETO:

programa setas

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información