Xornadas de Micoloxía sobre identificación e multiplicación dos fungos

Publicidade
Xornadas de Micoloxía sobre identificación e multiplicación dos fungos
Data inicio: 02/11/2017
Data fin: 04/11/2017
Lugar: Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa, Coristanco, España

O Centro de Promoción Rural Efa-Fonteboa, en Coristanco (A Coruña), organiza os vindeiros 2 e 4 de novembro unhas xornadas de micoloxía sobre identificación e multiplicación dos fungos.

O programa é o seguinte:

Xoves: 2 de novembro

16:00 “O micorrizado e a súa importancia no aproveitamento forestal”. D. Enrique Fandiño Cerqueira, enxeñeiro Técnico Forestal de Hifas da Terra S. L.

17:30 “As especies de cogumelos comestibles máis comúns”. D. Juan Carlos Lauroba Sánchez, técnico de Servizos Agrarios da Oficina Agraria Comarcal de Baio

Sábado: 4 de novembro

10:30 Roteiro micolóxico para a recolección de cogumelos

12:40 Clasificación e explicación dos cogumelos recollidos

Acompañan na súa recolección e clasificación: Amancio Lavandeira Suárez, Juan Carlos Lauroba Sánchez e José Gil Facorro.

14:00 Xantar ­ degustación

Inscricións: 981 733 051 (límite de prazas)
Prezos: 10 € para socios e 15 € para persoas non socias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información