Xornadas de AGACA e “la Caixa” para pór de relevancia á muller rural

A Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López, abrirá a primeira Xornada do mes o día 4 nas instalacións de Agris na Louzaneta; o día 6 a Xornada será en Carballo, da man de Coreber e o día 9 terá lugar na Cooperativa Agraria Comarcal de Ordes.

Xornadas de AGACA e “la Caixa” para pór de relevancia á muller rural

Intervención dunha técnica de AGACA nunha xornada sobre muller rural

As xornadas están dirixidas a mulleres que viven no contorno rural, especialmente no caso das vinculadas a algunha cooperativa xa que, en moitos casos, son as titulares das súas explotacións, onde ademais traballan — o 56% delas pasan entre 4 e 8 horas diarias na corte—, pero non exercen cargos nos órganos de decisión.

Nese senso, os datos amosan que, en Galicia, malia que as cooperativas contan cun 49% de asociadas, nos consellos reitores hai un 12% de mulleres e só o 3% de presidentas.

Retos

Entre os retos que se tratarán nas Xornadas, cóntanse os xeitos de conciliar a vida familiar e profesional ou a falta de confianza nas propias capacidades para exercer cargos de responsabilidade pública.

As Xornadas visibilizarán o rol que poden desempeñar as mulleres rurais, motivarán ás asistentes para seren máis participativas e incidirán na necesidade de adquirir conciencia da súa capacidade real para traballar e tomar decisións nos órganos de xestión de entidades do ámbito público.

Compromiso coa igualdade

A iniciativa “Atrévete contigo mesma” supón unha continuación das actividades que AGACA vén desempeñando para contribuir á visibilización e o empoderamento das mulleres do contorno rural a nivel persoal e profesional, mediante accións como estudos, enquisas, charlas e módulos formativos e de motivación, que recibiron respostas moi positivas das cooperativas.

“Atrévete contigo mesma” suma ademais a implicación da Obra Social “la Caixa”, comprometida coa igualdade de xénero e o aproveitamento da capacidade empresarial das mulleres do mundo rural.

Xornadas en cooperativas

– 4 de novembro, mércores — AGRIS, Polígono da Louzaneta s/n, LUGO – 11:00 a 15:00 h.

– 6 de novembro, venres — COREBER, Restaurante Punta del Este en Avda. de Malpica, 125, Carballo, A Coruña) – 10:30 a 14:00 h.

– 9 de novembro, luns — Cooperativa Agraria Comarcal de Ordes, ACO, r/Emilia Pardo Bazán, 12, Ordes, A Coruña – 10:30 a 14:30 h.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información