Xornadas clínicas de produción de leite no norte de Portugal

Os estudantes de Veterinaria da Universidade de Tras os Montes organizan o 15 e 16 de febreiro en Povoa do Varzim un congreso adicado a analizar cuestións veterinarias das explotacións lácteas

A Asociación de Estudantes de Medicina Veterinaria da Universidade de Tras os Montes organiza o 15 e o 16 de febreiro as primeiras xornadas clínicas de produción de leite, que terán lugar en Povoa do Varzim, no Espaço Agros. A actividade, que ten un custo de inscripción que oscila entre os 30 e os 45 euros, conta co programa que se detalla embaixo.

As xornadas portuguesas desenvolveranse na semana previa a Cimag-Gandagro, a gran cita do sector gandeiro do noroeste, que se desenvolverá en Silleda, no recinto feiral da Semana Verde, do 21 ó 23 de febreiro.

I Xornadas Clínicas de Produción de Leite (Póvoa do Varzim, Portugal)

15 de febreiro

9 h. – Apertura.

9.30 h. – ‘Estratexias para o uso responsable de antibióticos nas explotacións de vacún de leite’ (Marisa Bernardino).

10.15 h. – ‘O papel da vacunación no control dos principais axentes causantes da mastite’ (Deolinda Silva).

11 – Café.

11.30 h. – O laboratorio na gandería (Ricardo Bexiga).

12.15 h. – Reprodución en vacún de leite (Pedro Meireles).

13 h. – Comida.

15 h. – ‘O muxido como factor que inflúe na calidade do leite’ (Luis Pinho).

15.45 h. – ‘Lesións podais en bovinos de leite: tratamento ou prevención’ (Richard Touret).

16.30 h. – Café.

17 h. – Mesa redonda.

18.30 h. – Café.

21 h. – Cea.

16 de febreiro

9.30 – Apertura.

10.15 h. – ‘Dez anos de Bovicontrol: programa voluntario de control de BVD, IBR, Neo e Paratuberculose: ó éxito da bioseguridade’. (Adelaide Pereira).

11 h. – Café.
​11.30 h. – ‘Xestión da gandería: datos e tecnoloxía’ (Luis Figueirido).

Nota: 2 conferencias pendentes de definir para o día 16.

13 h. – Almorzo.

15 h. – Obradoiros de traballo (Inscripción separada).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información