Xornada técnica sobre sistemas silvopastorais nos montes atlánticos

Publicidade
Xornada técnica sobre sistemas silvopastorais nos montes atlánticos

Porco Celta nunha fraga de Muras (Lugo).

Data inicio: 03/10/2015
Data fin: 04/10/2015
Lugar: Casa da Cultura, Porto do Son, España

Os interesados deberán inscribirse e facer a solicitude a través da páxina web da Consellería de Medio Rural e do Mar http://medioruralemar.xunta.es/areas/investigacion_e_formacion/transferencia_tecnoloxica/plan_e_actividades ou no enderezo electrónico do Centro de Investigación Forestal de Lourizán infolourizan.mr@xunta.es Telf.: 986 805 000

As solicitudes deberán remitirse ao Centro de Investigación Forestal de Lourizán por: Fax: 986 805 031 ou Email: infolourizan.mr@xunta.es

Destinatarios:
Membros das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, Propietarios forestais, Traballadores en activo e desempregados dos sectores agrícola e forestal, Estudantes e titulados de ciclos formativos da rama agraria e Público interesado

Límite de prazas: 50. A inscrición é libre e gratuíta ata completar o límite de prazas

Data límite de inscrición: Ata o día 28 de setembro ás 14.00h

Programa: 

Sábado 3 de outubro
10-13.30h
Sistemas silvopastorais e produtos non madeireiros. Dr. F. J. Silva Pando (CIF-Xunta de Galicia)

Xestión do arborado nos sistemas silvopastorais. M. J. Rozados Lorenzo (CIF-Xunta de Galicia)

PAUSA CAFÉ
Xestión de sistemas silvopastorais con gando porcino. D. J. A. Carril González Barros (ASOPORCEL)

Xestión de sistemas silvopastorais con gando vacún. D. J. R. Justo Feijoó (BOAGA)

PAUSA XANTAR

15.30-18.30h Xestión de sistemas silvopastorais con cabalos, cabras e ovellas. Dr. A. Rigueiro Rodríguez (USC) Produción e valor nutritivo do sotobosque e das matogueiras. Dra. M. P. González Hernández (USC)

Asociacionismo Forestal. D. O. López López. (Distrito Forestal IV-Xunta de Galicia)

Domingo 4 de outubro

9:30-14:30
Visita ás parcelas con sistemas silvopastorais. Coord. Dr. F. J. Silva Pando e M. J. Rozados Lorenzo

Gando porcino en Nebra-Porto do Son D. C. Pérez Martínez (ASOPORCEL)

Gando vacún, ovino, porcino e galiñas en Porto do Son

Gandaría ecolóxica “Tierra Celta”
Visita á parcela de ensaio de especies forestais con potencial uso en sistemas silvopastorais

Arboreto Reinfforce en Caamaño (Porto do Son)

M. J. Rozados Lorenzo e Dr. F. J. Silva Pando

O xantar do sábado non está incluído na actividade formativa

O domingo a organización poñerá a disposición dos participantes un autocar gratuíto para o desprazamento ás parcelas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información