Xornada técnica sobre rega do millo forraxeiro en Galicia

Publicidade
Xornada técnica sobre rega do millo forraxeiro en Galicia

Finca de ensaio con rega do millo en Cartelos

Data inicio: 19/09/2018
Data fin: 19/09/2018
Lugar: LU-P-1002, 20, 27527 Carballedo, Lugo, España

O vindeiro día 19 deste mes, mércores, celebrarase unha xornada técnica sobre “As posibilidades da rega do millo”, unha actividade organizada pola Oficina Agraria Comarcal (OAC) de Lugo e polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), en colaboración coa Fundación José Luis Taboada (FJLT).

A xornada, incluída dentro do plan de transferencia do agro galego 2018, celebrarase nos campos de ensaio en Cartelos (Carballedo) e Finca Robles (Pobra de Brollón).

Programa da xornada:

-9:30h Saída do autocar de Lugo (Praza de Bretaña)

-10:30-11:00 Experiencia dos últimos anos en Cartelos. Juan Piñeiro Andión (Patrono da Fundación José Luis Taboada. Investigador xubilado do CIAM)

-11:00-11:30 Experiencias de rega de cultivos de verán: efectos sobre a produción e calidade das forraxes. Gonzalo Flores Calvete e Juan Valladares Alonso (CIAM)

-11:30-12:30 Aspectos técnico-económicos da rega de millo en Galicia. José Antonio Marra Bolaño (Técnico de Azul y Verde)

-12:30-14:00 Visita aos ensaios de rega e ao Carballo Grande e Devesa Senlleiros (Cartelos). Juan Piñeiro Andión (Patrono da Fundación José Luis Taboada. Investigador xubilado do CIAM)

-14:30 Xantar no Restaurante Río Bubal (custo por persoa 11 €)

-16:30-18:30 Visita aos ensaios de rega de cultivos de verán (millo- sorgo- xirasol) na Granxa Robles (A Pobra do Brollón- Lugo). Gonzalo Flores Calvete e Juan Valladares Alonso (CIAM)

-19:30 Chegada a Lugo (Praza de Bretaña)

Inscrición:

Para anotarse é preciso presentar solicitudes na OAC de Lugo antes das 14:00 h do día 18 de setembro, por f a x: 982294937 ou ma il: xbruna@xunta.es

Descarga aquí a ficha de inscrición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información