Xornada técnica sobre rega e servizos de asesoramento ao regante

Publicidade
Publicidade
Xornada técnica sobre rega e servizos de asesoramento ao regante

Ensaio de rega do millo realizado polo Ciam, a cooperativa Icos e a Fundación Pazo de Cartelos

Data inicio: 26/10/2017
Data fin: 27/10/2017
Lugar: Escola Politécnica Superior, Lugo, España

Os próximos 25 e 26 de outubro celebrarase na escola politécnica de Lugo unha xornada técnica sobre rega e servizos de asesoramento ao regante.

Esta actividade, de carácter gratuíto, está incluída dentro do plan de transferencia do agro galego 2017 da Consellería do Medio Rural.

Para participar é preciso enviar as solicitudes á Oficina Agraria Comarcal de Lugo ou na Conserxería EPSE-USC (Campus Universitario) antes das 14:00 h do día 24 de setembro, por fax: 982 823 001. Tamén se poden enviar por e-mail: xan.neira@usc.es

Programa da xornada:

9:00 h. Inauguración. Representantes da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e USC

9:10 h. Manexo da auga no solo. Dose de rega. Xan Neira Seijo. Profesor de Hidráulica e Rega. EPSE – USC

10:30 h. Variables climáticas que se van empregar na xestión da rega. Cálculo da ETo. Coñecemento dos coeficientes de cultivo. Estimación das necesidades hídricas do cultivo. Modelización das necesidades. Sistema de manexo baseado nos datos climáticos. Javier José Cancela Barrio. Profesor de Hidráulica e Rega. EPSE Lugo-USC

12:30 h. Quendas de rega. Criterios no goberno do regadío. Servizos de asesoramento. Xan Neira Seijo. Profesor de Hidráulica e Rega. EPSE Lugo–USC
16:00 h. Novas tendencias en rega por goteo a baixa presión e ultra baixo caudal. Rega por goteo a baixa presión e ultra baixo caudal. Rega por aspersión en pradeiras e millo. Sistemas de protección contra as xeadas. Sistema PULSAR, de Netafim.

-Jose María de Frutos. Responsable comercial de zona, Regaber
-Pablo García. Colaborador de Regaber en Galicia.
-Bernat Busquets. Departamento técnico Regaber. Día 26, Xoves (visita técnica, saída EPS Lugo)

9:30 -13:30 Visita técnica á Comunidade de Regantes Río Miño – Río Pequeno. Terra Chá. Lugo

-Juan Novo García. Presidente da Comunidade de Regantes “Río Miño – Río Pequeno”
-Ángel Fernández Suárez. Técnico da Comunidade de Regantes “Río Miño – Río Pequeno”
-Xan Neira Seijo. Profesor de Hidráulica e Rega. EPSE Lugo – USC

Descarga aquí a folla de inscrición.

Descarga aquí o programa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información