Xornada técnica sobre “Prevención de riscos laborais no sector vitivinícola”

Publicidade
Xornada técnica sobre “Prevención de riscos laborais no sector vitivinícola”

Podando a viña

Data inicio: 09/03/2017
Data fin: 09/03/2017
Lugar: parque empresarial pazos verín

O xoves 9 de marzo, ás 19.45 horas, terá lugar en Verín a Xornada Técnica “Prevención de riscos laborais no sector vitivinícola, organizada polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) coa colaboración da Denominación de Orixe Monterrei.

Esta xornada celebrarase no salón de actos do Centro de Desenvolvemento Cooperativo de Verín (Parque Empresarial de Pazos). Na mesma abordaranse aspectos relativos aos riscos laborais existentes nos distintos traballos do sector vitivinícola complementada coa entrega de documentación, que pode servir como base tanto para a mellora da concienciación e a prevención dos riscos laborais dos traballadores do sector, dos autónomos; así como para a coordinación de actividades con persoal alleo que concorre nun mesmo centro de traballo, como é habitual en determinados momentos dos procesos produtivos no sector. Estes aspectos serán impartidos por técnicos do propio ISSGA e da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Para participar na Xornada Técnica “Prevención de riscos laborais no sector vitivinícola” será necesario inscribirse no apartado de formación da páxina web issga.gal ou dirixirse ao Centro de ISSGA onde terá lugar esta acción formativa (Tlf: 988 386 395, Fax: 988 386 222, ou correo electrónico: issga.ourense@xunta.gal).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información