Xornada técnica sobre o robot de muxido en Lalín

Xornada técnica sobre o robot de muxido en Lalín

Robot de muxido.

A Oficina Agraria Comarcal de Lalín organiza o próximo mércores 27 de novembro a xornada técnica ‘Tecnificación nas explotacións gandeiras: O robot de muxidura”.

A sesión celebrarase na Aula Uned de Lalín, situada no polígono industrial Lalín 2000. Nela abordarase a implantación do robot de muxido nas ganderías galegas e distintas empresas convidadas aportarán novidades e avances nos equipos de muxidura robotizados. Entre as empresas colaboradoras coa xornada están Agrotec Entrecanales (Lely), Leiva y Lorenzo e Tecnor Lalín.

A actividade está incluída no Plan de transferencia tecnolóxica para o agro galego 2019, e conta cun 75% de fondos europeos. A inscrición na xornada é obrigatoria e gratuíta e para formalizala deberá enviarse a solicitude á seguinte dirección de correo electrónico: oac.seca.lalin(arroba)xunta.gal.

A continuación, detallamos o programa da xornada.

10.00 – 11.30 horas. Implantación do robot de muxidura nas explotacións gandeiras de Galicia. Expectativas cara ó futuro. Ángel Castro Ramos, investigador da Universidade de Santiago de Compostela.

11.30 – 12.45 horas. Novidades e avances nos equipamentos de muxidura robotizado. Empresas convidadas.

12.45 – 13.45 horas. Mesa redonda.

-Descarga aquí a solicitude para formalizar a inscrición.

 

Xornada-robot-muxido-en-Lalin-

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información