Xornada técnica sobre elaboración de viños doces

Publicidade
Publicidade
Xornada técnica sobre elaboración de viños doces
Data inicio: 28/04/2016
Data fin: 28/04/2016
Lugar: Rúa Alférez Provisional, 1, 32400 Ribadavia, Ourense, España

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) celebrará o vindeiro 28 de abril unhas “Xornadas Técnicas sobre os viños doces: Innovación en procesos e tecnoloxías”. A xornada é gratuíta e celebrarase na Casa da Cultura de Ribadavia (Ourense).

O obxectivo desta xornada técnica é coñecer os viños doces naturais, así como as novidades e tendencias en procesos e tecnoloxías. A experiencia do Ribeiro, onde se está a recuperar o viño tostado, pode servir para que outras denominacións de orixe galegas sigan o seu exemplo.

Para iso, diversos expertos exporán os procesos técnicos e as últimas novidades na elaboración e comercialización dos viños doces e xenerosos máis coñecidos: Porto, Madeira, Pedro Ximénez e Moscatel.

O programa das xornadas é o seguinte:

08:30 a 9:00: Entrega de documentación.

09:00 a 10:00: Os viños doces naturais: viños botritizados, viños de vendima tardía. O tostado do Ribeiro. Novas Tendencias. Ponente: Manuel Castro González, enólogo da cooperativa Viña Costeira.

10:00 a 11:00: Os viños xenerosos andaluces. Os viños doces de Pedro Ximénez e Moscatel. Novas tendencias. Ponente: María Belén Puertas García, doutora en Ciencias Químicas. Rancho de la Merced (Xerez).

11:00 a 11:30: Pausa Café

11:30 a 12:30: Os viños licorosos de Portugal. Os viños de Porto e Madeira. Novas tendencias. Ponente: Francisco Manuel Morais Sarmiento, doutor en Biotecnoloxía da Universidade Católica Portuguesa.

12:30 a 14:00: Mesa redonda con todos os relatores. Moderador: Alfonso Losada Quiroga, enxeñeiro técnico e xefe da sección de Enoloxía da Evega.

14:00 horas. Clausura

Inscrición

A inscrición nas xornadas remata o 27 de abril. Pode facerse a través da páxina web da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia.

As solicitudes deberán enviarse correctamente cubertas á EVEGA por Fax 988 788 099 ou por mail evega.medio.rural@xunta.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información