Xornada técnica do porco celta en Galicia

A Asociación de Criadores de Porco Celta congregará a produtores de toda Galicia o sábado 23 en Lugo

Xornada técnica do porco celta en Galicia

A Asociación de Criadores de Porco Celta (Asoporcel) organiza o próximo sábado 23 de outubro unha xornada técnica monográfica sobre cuestións de interese para as explotacións. Será en Lugo, no Pazo de Feiras e Exposicións, e abordaranse aspectos como a bioseguridade das ganderías en extensivo ante as ameazas actuais, como a peste porcina, ou as axudas e condicións para a transformación e comercialización da carne.

Programa
10 h. – Inauguración.

10.30 h. – Os comezos dunha explotación de porco celta. (María Cruz Castro, veterinaria de Asoporcel).

11 h. – Axudas para explotacións de razas autóctonas: porco celta. (Fernando López, xefe de servizo territorial do Fogga en Lugo).

12 h. – Pausa café.

12.15 h. – A bioseguridade en granxas de cría extensivas ante as ameazas sanitarias actuais. (Jordi Baliellas, veterinario coordinador da área de sanidade animal de Interporc).

13 h. – Transformación e comercialización: axudas e condicións. (Rafael Pérez. Xefe en Lugo do servizo de Industrias e Calidade Agroalimentaria. Consellería do Medio Rural).

13.45 h. – Como é a calidade nutricional da carne de porco celta?. (Daniel Franco, xefe de investigación agroalimentaria do Centro Tecnolóxico da Carne).

14.30 – Xantar de traballo.

Para inscripcións, pódese tramitar ata o 21 de novembro no teléfono 982 226 252.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información